miércoles, 22 de junio de 2011

Fin de curso, isto remata!

fin clases

O curso remata, e despois de dous anos xuntos mañá teremos a nosa última clase.
Gustaríame que nos vosos blogs escribísedes unha entrada a xeito de despedida, na que incluísedes, como mínimo, os seguintes apartados:

Nestes dous anos aprendín... (mínimo tres liñas)

Nestes dous anos conseguín... (mínimo tres liñas)

Destes dous anos sempre recordarei... (mínimo tres liñas)

Podes engadir todo o que queiras.


inverno grupo

lunes, 14 de febrero de 2011

San Valentín


Chega o día do Amor, e para celebralo faremos un concurso de textos de amor.
Quen estea namorada ou namorado, que aproveite para inspirarse, e quen non estea, que faga un exercicio de ficción, que ao fin e ao cabo, iso é a literatura, ¿ou non?

Podedes escribir unha carta, unha historia sobre uns namorados, un poema sobre o amor en xeral ou un poema sobre unha persoa concreta, unha data, un encontro, un olvido... Iso é cousa vosa.

Cando o teñades, buscade a imaxe e colgádeo nos vosos blogues.

Que el Amor te acompañe.

Se non se che ocorre qué escribir, pásate pola nosa aula moodle e ínspírate coas ideas que alá vos dou...

Créditos:
Imaxe: http://farm1.static.flickr.com/33/99604592_d059989ddf.jpg

martes, 8 de febrero de 2011

El extraño viaje

Vimos nas nosas sesións dedicadas á historia do cine o filme El extraño viaje. Tendes que facer unha entrada sobre a película, nos vosos blogues, cos seguintes puntos:
  1. Título:
  2. Ano:
  3. Nacionalidade:
  4. Director:
  5. Guinista:
  6. Actores:
  7. Resumo: (propio, non copiado)
  8. Valoración persoal: (mínimo 6 liñas)
Acompañade a entrada dunha imaxe: un fotograma, o cartel da película etc.
A etiqueta será cine.
Lingua: libre.

miércoles, 12 de enero de 2011

Vídeo de Roma: cuestionario para Lidia


  1. ¿Que conta a lenda da fundación de Roma?
  2. ¿Que tres etapas se distinguen na historia de Roma?
  3. ¿Contra quen se enfontraron nas Guerras púnicas? ¿Cantas e cales foron estas guerras? Fai un pequeno esquema.
  4. ¿Quen foi a grande figura da República? ¿Cales foron as súas conquistas? ¿Como acabou a súa vida? ¿Por que?
  5. Cita dous espazos (lugares, construcións) da cidade de Roma, e explica para qué servían.