jueves, 26 de agosto de 2010

Exames de setembro

Prezados alumnos e alumnas:

Espero que esteades aproveitando a tope as vacacións.

Só quería recordarvos a aquelas persoas que tendes algunha materia para setembro, que os exames son a semana que vén, os días 1, 2 e 3 de setembro, non vos despistedes! Lembrade tamén as pendentes de cursos anteriores.

Estudade moito e sacádeas, para pasar "limpos" a cuarto. Despois dos exames aínda vos quedan uns días de vacacións, así que agora a darlle duro aos libros. Ánimo!